jueves, 16 de junio de 2011

¡EN PÉ ! poema de Ramón Cabanillas Musica Juan Pardo

¡Irmáns! en pé sereos
a limpa frente erguida
envolta na brancura
da luz que cae da riba

o corazón aberto
a toda verba amiga
en unha man a force
en outra man a oliva
arredor da bandeira azul  e branca
arredor da bandeira da Galicia
cantemol -o dereito
 a libre nova vida!
Validos de traidores
 a noite da frouseira
a patria escravizaron
uns reises de Castela
comestas pol-o tempo
xa  aflouxan as cadeas
¡Irmans asovallados
de xentes extranseiras
ergamol-a bandeira azul e branca
¡E o pe da enseña da nazón galega
cantemol-o dereito a libertar a terra!
¡Irmans no amor a Suevia
de lexendaria historia
¡En pé , en pé dispostos
a non morrer sin loita!
¡O día do Medulio
con sangre quente e roxa
mercamol-o dereito
a libre , honrada chouza!
¡Xa está o vento a banderira azul e branca!......
berremos alto e forte
a nosa terra e nosa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario